Universidade da Coruña

Universidade da Coruña

@udc.gal

En constante movemento

1.3K followers116 following2K posts

🩺 Constituída a Unidade Docente do CHUAC para avanzar na descentralización do Grao de Medicina da UDC. Javier de Toro coordinará este equipo de preto de 40 profesionais, clave para planificar a docencia e reforzar a colaboración entre a Universidade e sanidade.  🔗+información: https://bit.ly/UDMed

A UDC estrea Estratexia de Titulacións para adaptar a súa oferta aos retos sociais e científicos. Ademais, ona reunión do Consello de Goberno celebrado esta mañá aprobáronse 3 microcredenciais no ámbito naval e da defensa no Campus Industrial de Ferrol.  🔗Máis información: https://bit.ly/ConGb2810

📢Logo da presentación na Casa do Estudantado, continuamos coa programación de actividades de #InPacto! 📅Mañá 28/10, terá lugar no ESCI, a partir das 14.45 h, unha presentación da iniciativa ao tecido productivo, no marco de UDC Conecta. Seguimos achegando o labor investigador da UDC á sociedade!

🏆A investigadora do #CITENI Laura Castro Santos recibiu esta mañá o Premio Nacional Ángeles Alvariño 2026, concedido polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. 🎉Parabéns, Laura, por este recoñecemento!👏🏽👏🏽 #UDC #InvestigaciónUDC #PremiosUDC #ComunidadeUDC

Universidade da Coruña reposted

#CIFaoDía (1/3) A Facultade de Ciencias do Traballo acolleu, este martes 27/OUTUBRO, o obradoiro “IA xerativa para o traballo diario”, impartido pola integrante do Laboratorio de Investigación e Desenvolvemento en Intelixencia Artificial (LIDIA) da Universidade da Coruña, Elena Hernández @udc.gal

💜 Como incorporar a perspectiva de xénero á investigación? O #PechaKucha_CEXEF2026 abordará o feminismo, a investigación e a transferencia social o 4 de novembro a partir das 9:30 horas na Casa do Estudantado. Agardámoste!

📢Volve a ciencia da UDC ás marquesiñas da cidade!🔬 🔎Xa podedes descubrir as infografías gañadoras desta edición de "Divulgando o noso": 📅Estarán ata o 6 de novembro. Descúbreas todas!!!  #UDC #DivulgaciónUDC #Divulgandoonoso #Ciencia #ACoruña

🌍A semana pasada, na UDC recibimos a John Mulcahy, coordinador do proxecto EMERGE e membro da Universidade de Limerick. Na visita puido coñecer de primeira man o traballo que desenvolve a nosa universidade nesta alianza de 10 universidades.  #emergealliance  #internacionalizacion #mobilidadeudc

✨ A UDC pon en marcha #InPacto, unha iniciativa de divulgación científica que conecta investigación, empresa e sociedade. 🔬 ➕de 30 Ramón y Cajal da institución achegarán a ciencia á cidadanía con actividades de divulgación, transferencia e participación social.  🔗https://bit.ly/4Bq72E7

Universidade da Coruña reposted

#CIFaoDía (1/2) O alumnado dos graos en Enfermaría e en Podoloxía participou, este luns 26/OUTUBRO, nunha camiñada que partiu do Campus Industrial Ferrol e que pasou por distintos puntos da cidade, entre eles, o Cantón de Molíns, o Porto de Curuxeiras, A Malata, ou o barrio de Canido @udc.gal

📅Este venres, día 30 de outubro, ás 12:00 horas, a Facultade de Ciencias acollerá a última conferencia do ciclo "Ciencia é Cultura". Será impartida por Pedro Galán, doutor en Bioloxía e profesor honorario da UDC.  Non a perdas! 🔗Inscríbete aquí: https://bit.ly/CeCul26

📅O venres 30/10 ás 9:00 h a Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física acollerá a conferencia "Nutrición Deportiva: alimentación para o rendemento e a recuperación". Será impartida por Adrián Ferrón, farmacéutico e dietista-nutricionista especializado en nutrición deportiva. Non faltes!

📅O mércores 28/10 ás 17:30 horas, a Facultade de Fisioterapia acollerá a conferencia "Alimentación nas mulleres con SOP ou endometriose". Será impartida por Daniel Presa, médico e dietista-nutricionista. Agardámoste!

❤️‍🩹A Escola Universitaria de Enfermaría acolle hoxe a IV xornada "Benestar Emocional. Escoitar, previr e acompañar". Será a partir das 09:30 h e contará con dúas mesas redondas nas que se reflexionará sobre os recursos, o acompañamento e tamén sobre a influencia das redes sociais na saúde mental.

📊 A Coruña pechou hoxe a V edición do #DATAfórumXustiza. Na clausura, o reitor da UDC reivindicou o papel da universidade pública como xeradora de oportunidades e defendeu unha transformación dixital centradas nas persoas. https://bit.ly/4ywkqnr #UDC #Xustiza #IntelixenciaArtificial

🎓 Máis de 250 persoas participaron na IV XIGAID, acollida pola UDC na ETSAC. Durante o encontro, as tres universidades públicas galegas compartiron experiencias e boas prácticas para impulsar a innovación docente e mellorar o ensino superior.  🔗Máis info: https://bit.ly/Xgd2026

❤️‍🩹A UDC celebra hoxe as VI Xornadas de Fisioterapia e Saúde, centradas no exercicio terapéutico e na atención ás persoas con cancro. 👩🏽‍⚕️Profesionais e pacientes comparten coñecementos para mellorar a recuperación funcional e a calidade de vida.  🔗Máis info: https://bit.ly/XFeSa26

🌍 A Facultade de Socioloxía da #UDC acolle hoxe e mañá o seminario internacional "Mobilidades, reprodución social e desigualdades globais", con especialistas de 8 países, activistas e colectivos de mulleres migrantes. ➕info 👉https://bit.ly/4BlJ5hg #Investigación #Migracións #Socioloxía

🚀 IMPULSA-T celebra a súa 2ª edición cun gran éxito de participación! Empresas, entidades e estudantado conectaron talento, emprego e emprendemento. 🏆Ademais, entregáronse os premios Santander X Spain Awards 2026 e premios aos TFG, TFM e Teses de Doutoramento.  🔗+info: https://bit.ly/IMPULSAT

🏅A UDC acolle estes días o VII Seminario Nacional de Deporte Inclusivo. Dúas xornadas para compartir experiencias, derrubar barreiras e avanzar cara a unha práctica deportiva máis accesible e igualitaria🫂. 🔗Máis información: https://bit.ly/VIISemDep

📢Temos novas datas das probas rápidas de saliva para a detección do VIH e VHC: ✨Campus da Coruña: 📅26 de outubro ⌚De 9:30 a 13:30 h 📍Casa do Estudantado ✨Campus de Ferrol: 📅27 de outubro ⌚De 9:30 a 13:30 h 📍Edificio de Apoio ao Estudo 📞 Cita previa: 644 702 940 de 09:30 a 15:30 (L-V)

Universidade da Coruña reposted

#CIFaoDía (1/2) A Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) acolle, este mércores 21/OUTUBRO, a I Xornada Técnica de Materiais e Procesos de Soldadura, impulsada pola UDC e máis por Tesol Group, xunto con con Navantia, Pemamek Iberia, ESAB Ibérica e Diagnostiqa Consultoría Técnica @udc.gal

🌍A Alianza EMERGE organiza o webinario "Listening to the Margins", encontro organizado pola Europa-Universität Flensburg, para compartir perspectivas e explorar oportunidades de colaboración arredor das linguas e culturas minoritarias. 📅 26/10 🕑 14:00 h 💻 En liña 🔗+info: https://bit.ly/WebEm26

🤖 Por que todos os carteis feitos con IA parecen iguais? A profesora da UDC Iria María Santos López analiza neste artigo publicado en @theconversation.com a homoxeneidade visual das imaxes xeradas con intelixencia artificial. 🔗Accede aquí:

bit.ly¿Por qué todos los carteles hechos con IA son iguales?Los carteles de verbenas, festivales o comercios son cada vez más parecidos. La IA ha intensificado esta tendencia. ¿Estamos perdiendo diversidad visual por comodidad?

🫂A UDC acolle a xornada "Masculinidades en cambio", organizada polas 3 universidades do SUG, con persoas expertas do ámbito xurídico, académico, educativo e social, para reflexionar sobre os retos das masculinidades contemporáneas. 🔗Máis info: https://bit.ly/XIMasc26

🤖 Como afecta o uso da IA á aprendizaxe do alumnado? Os docentes da UDC Isabel Fernández-Menor, Juan José Lorenzo Castiñeiras e Andrea Fernández-Sánchez analizan en @theconversation.com as consecuencias de utilizar a IA sen comprendela.  👉🏽

bit.lyUsar la IA sin entenderla: ¿qué consecuencias tiene para los estudiantes? Usar inteligencia artificial con frecuencia no significa comprenderla. Su creciente utilización entre los estudiantes debe venir acompañado de alfabetización en IA para garantizar su correcto uso.

🎉Alejandra Lombardía, alumna do Grao en Intelixencia Artificial na Facultade de Informática da UDC, é unha das cinco beneficiarias das "Becas Sof.ia by Nunsys Group". Un impulso para desenvolver o seu talento STEM. 🚀 🔗Máis info: https://bit.ly/ResBSof

💜Como construír masculinidades máis igualitarias e corresponsables?  A UDC reúne o 21 de outubro, a partir das 09:30 horas en Ciencias da Educación a persoas expertas para reflexionar sobre os coidados, os estereotipos de xénero e os retos da igualdade. Máis información👉🏽https://bit.ly/OIXMasc

🥾Área de Deportes organiza o sábado 24/10 a PRIMEIRA ruta a pé do curso no Seixal, concello de Oleiros, de dificultade baixa e unhas 4 horas de duración.  As persoas da #ComunidadeUDC e familiares poderanse inscribir desde hoxe, 19/10 ás 13:00 h. Máis info inscricións 👉🏽https://bit.ly/RpSeixal

📅Este venres, día 23 de outubro, ás 12:00 horas, a Facultade de Ciencias acollera a conferencia de Juan Manuel bermúdez García, investigador do @cicaudc.bsky.social, baixo o título "Materiales para ARTarse de ciencia. Non a perdas! #UDC #CienciasUDC #CienciaéCultura

A UDC acolleu recentemente o XIV Encontro da Rede Española de Clínicas Xurídicas, que reuniu na Coruña profesorado, estudantado e entidades sociais para reflexionar sobre como o dereito pode impulsar a xustiza social e construír unha sociedade máis xusta e inclusiva.  🔗+info: https://bit.ly/ClXur26

🤝A UDC, RC Deportivo Fundación e IKEA A Coruña únense para impulsar a autonomía de deportistas con discapacidade intelectual. ♿Un proxecto que combina investigación, deporte e innovación para crear contornas máis accesibles e inclusivas.   🔗Máis info: https://bit.ly/FundDepTo

✨Xa temos gañadores do #XoveTIC!!! O congreso premiou traballos innovadores en intelixencia artificial, ciberseguridade, tecnoloxías cuánticas, enxeñaría de datos e outras áreas das TIC. Parabéns ás iniciativas gañadoras!!👏🏽👏🏽👏🏽 🔗Máis info: https://bit.ly/PreXvtc26 #UDC #CITIC #FIC #XoveTIC

⚛️🚢 Pode a propulsión nuclear contribuír a descarbonizar o transporte marítimo? Unha investigación do #CITENI en colaboración coa Escola Superior Náutica Infante D. Henrique de Portugal analiza os riscos dos reactores de sales fundidas para os buques do futuro. 🔗Máis info: https://bit.ly/CTNBuq

🩺 A UDC vén de participar no #RIES26, o foro galego de innovación en saúde. O grupo VARPA foi premiado no encontro polo seu proxecto de IA contra a cegueira evitable no Sur Global. Parabéns!👏🏽👏🏽👏🏽