Campus Industrial de Ferrol

Campus Industrial de Ferrol

@ciferrol.bsky.social

O Campus Industrial de Ferrol, pertencente á Universidade da Coruña, está especializado no ámbito da Enxeñaría, e ademáis, comprende estudos de Humanidades, Ciencias do Traballo e da Saúde. www.campusindustrial.udc.es

82 followers48 following705 posts

#CIFaoDía (1/2) O Campus de Melilla, pertencente á Universidad de Granada, acolle, o 27 e o 28/OUTUBRO, as II Xornadas Nacionais de Campus Periféricos, un evento que reúne na cidade autónoma a representantes de 19 universidades españolas, entre elas as tres universidades públicas galegas @udc.gal

#CIFaoDía (2/2) O Campus Industrial de Ferrol participa, un ano máis, nun encontro que busca avanzar no diagnóstico dos desafíos compartidos e na elaboración de propostas e liñas de actuación conxuntas que dean resposta ás necesidades destes campus @udc.gal

#CIFaoDía (1/3) A Facultade de Ciencias do Traballo acolleu, este martes 27/OUTUBRO, o obradoiro “IA xerativa para o traballo diario”, impartido pola integrante do Laboratorio de Investigación e Desenvolvemento en Intelixencia Artificial (LIDIA) da Universidade da Coruña, Elena Hernández @udc.gal

#CIFaoDía (2/3) A actividade centrouse nas posibilidades que ofrece a intelixencia artificial para facilitar a elaboración de documentación, a consulta de protocolos e a xestión de tarefas habituais no eido da protección civil e das emerxencias @udc.gal

#CIFaoDía (1/3) A fabricación aditiva abre novas posibilidades para o desenvolvemento de ferramentas no ámbito da saúde. Un bo exemplo disto é o TFM de Doralys Torriente, alumna egresada do máster en Fabricación Aditiva da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) @udc.gal

#CIFaoDía (2/3) Nel, esta antiga alumna do Campus Industrial de Ferrol deseñou un kit de ferramentas impresas en 3D orientado á prevención e á rehabilitación de lesións muscoloesqueléticas asociadas ao uso repetitivo do teclado e do rato. @udc.gal

#CIFaoDía (3/3) O traballo foi dirixido pola profesora da Escola Universitaria de Deseño Industrial (EUDI), Ana Ares Pernas, e máis polo investigador do Laboratorio de Enxeñaría Mecánica, adscrito ao Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI), Florian Michaud @udc.gal

#CIFaoDía (1/2) O alumnado dos graos en Enfermaría e en Podoloxía participou, este luns 26/OUTUBRO, nunha camiñada que partiu do Campus Industrial Ferrol e que pasou por distintos puntos da cidade, entre eles, o Cantón de Molíns, o Porto de Curuxeiras, A Malata, ou o barrio de Canido @udc.gal

#CIFaoDía (2/2) A iniciativa enmárcase dentro do programa "Outubro Saudable" que promove a Universidade da Coruña (UDC), a través da UDC Saudable e en colaboración coas Rede Española de Univesidades Promotoras de Saúde (REUPS) @udc.gal

#CIFaoDía (1/2) A empresa derivada Motion and Force Engineering Solutions (MFES), vinculada á investigación en biomecánica do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI), foi recoñecida nos Santander X Spain Awards, na categoría Startup Universitaria 2026 @udc.gal

#CIFaoDía (2/2) Ademais, un dos seus desenvolvementos tecnolóxicos, AppGym, recibiu o segundo premio na Maker Faire Galicia 2026. Trátase dun dispositivo portátil para monitorizar a flexión lumbar en tempo real que conta, ademais, coa colaboración da Clínica Arriaza, da cidade herculina @udc.gal

#CIFaoDía 🚀🚀🚀 Buscas novas oportunidades profesionais? Queres conectar con empresas, descubrir ofertas de emprego ou atopar prácticas? Inscríbete no FESTALENT! @udc.gal 📆 Xoves 29/OUTUBRO 🕙 de 10:00 a 14:00 horas e de 15:00 a 18:00 horas 📍 Pavillón Municipal de Esteiro #Ferrol

#CIFaoDía Conferencia: “Galicia, o seu lugar no mundo”, impartida polo director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea da Xunta de Galicia, Jesús Gamallo @udc.gal 📅 Venres 30/OUTUBRO 🕚 Ás 11:00 horas 📍 Salón de Graos da Fac. de Humanidades e Documentación do Campus Industrial de Ferrol

#CIFaoDía (1/2) A Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) acolle, este mércores 21/OUTUBRO, a I Xornada Técnica de Materiais e Procesos de Soldadura, impulsada pola UDC e máis por Tesol Group, xunto con con Navantia, Pemamek Iberia, ESAB Ibérica e Diagnostiqa Consultoría Técnica @udc.gal

#CIFaoDía (2/2) A iniciativa reúne no Campus Industrial de Ferrol a profesionais do sector industrial, especialistas e persoas integrantes da comunidade universitaria para analizar as innovacións e os retos da fabricación industrial @udc.gal

#CIFaoDía (1/2) José Ángel Blanco Pazos, alumno do máster en Enxeñaría en Deseño Industrial, titulación que se imparte na Escola Universitaria de Deseño Industrial (EUDI), foi o gañador do concurso de carteis da II Feira de Formación e Educación que promove o mércores 18/NOVEMBRO @udc.gal

#CIFaoDía (2/2) no Auditorio Álvaro Lamas, o Concello de Ferrol en colaboración coa Universidade da Coruña, a través do Campus Industrial Ferrol. O mozo recibiu un cheque por valor de 250 euros e o correspondente diploma acreditativo @udc.gal

#CIFaoDía (1/2) O traballo “Qualitative Risk Analysis on the Use of SMR for Maritime Nuclear Propulsion Using HAZID and HAZOP Methodologies”, analiza os perigos asociados aos reactores de sales fundidos e estuda como poderían afectar ao funcionamento do reactor e á seguridade naval @udc.gal

#CIFaoDía (2/2) O artigo está asinado por José Miguel Mahía, membro do Grupo de Investigación en Enxeñaría Enerxética (INGEN) da Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas (ETSNM) da Universidade da Coruña, xunto con Diogo Faustino e Sandrina Pereira, da institución portuguesa @udc.gal

#CIFaoDía A Fac. de Humanidades e Documentación acolle, o próximo mércores 21/OUTUBRO, ás 18:00 h, a conferencia “Traballar nas Nacións Unidas e nas Organizacións Internacionais”, impartida pola responsable de Comunicación das Nacións Unidas para España e Andorra, Leticia Álvarez Reguera @udc.gal

#CIFaoDía Enmárcase no curso “As Nacións Unidas no Mundo do Século XXI: Gobernanza Global, Axenda 2030 e o Papel de Asia” que organiza o Campus Industrial de Ferrol e o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI) en colaboración co Observatorio da Política China (OPCh) @udc.gal

#CIFaoDía "Laboratorios Castrexos", unha iniciativa divulgativa dirixida a estudantado de Educación Primaria e ESO da comarca de Ferrolterra @udc.gal 📍 Campus Industrial de Ferrol 💰 Inscrición gratuíta ☎️ 881 013 820 📧 arqueodromo.ferrol@gmail.com

#CIFaoDía III Ciclo de Conferencias “Auto-Sinerx-IA” organizado por profesorado da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF). Inscríbete en ➡️ n9.cl/0p77l @udc.gal 📅 15, 28 e 29/OUTUBRO 🕦 Ás 12:30 horas 📍 Salón de Actos Concepción Arenal do Campus Industrial de Ferrol

#CIFaoDía (1/2) Un equipo internacional liderado por persoal investigador da Universidade da Coruña (UDC) conseguiu medir directamente e nun único paso a cristalización de polímeros semicondutores en escalas de tempo inferiores ao segundo @udc.gal

#CIFaoDía (2/2) A investigación forma parte da tese de doutoramento que Josep Tent desenvolve no Laboratorio de Polímeros Funcionais do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI) baixo a supervisión do investigador Oportunius Jaime Martín @udc.gal

#CIFaoDía (1/2) O Salón de Actos do Hospital Naval de Ferrol foi o lugar elixido pola Facultade de Enfermaría e Podoloxía da Universidade da Coruña (UDC) para acoller, este venres 9/OUTUBRO, o actos do Día Internacional da Podoloxía @udc.gal

#CIFaoDía (2/2) Conmemoráronse os 25 anos da 1a promoción de titulados/as en Podoloxía (1998 – 2001) e os 26 anos de traxectoria da Clínica Universitaria de Podoloxía. Todo isto, baixo o lema “25 anos de vocación, docencia e servizo á sociedade” e no marco do XII Outubro UDC Saudable @udc.gal

#CIFaoDía (1/2) O alumnado do máster en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, presenta os xogos "Purgatory Hoops", "Néboa’s Hut" e "Splash on Contact" na primeira edición do SAGA Barcelona Game Fest en Fira Barcelona Montjuïc @udc.gal

#CIFaoDía (2/2) Deste hoxe, venres 9, e ata o domingo 11/OUTUBRO, o público asistente ao evento poderá visualizar os trailers e probar as demos destes tres proxectos nados como Traballo Fin de Máster (TFM) no stand da Universidade da Coruña (UDC) @udc.gal

#CIFaoDía (1/3) A Facultade de Enfermaría e Podoloxía da Universidade da Coruña (UDC) conmemora, este venres 9/OUTUBRO, de 12:00 a 14:00 horas, no Salón de Actos do Hospital Naval de Ferrol, o Día Internacional da Podoloxía #8OUTUBRO @udc.gal

Campus Industrial de Ferrol reposted

🩷 Chega o XII Outubro UDC Saudable! Durante todo este mes, a UDC promove actividades sobre benestar, saúde mental, inclusión e hábitos saudables, nunha edición marcada polo 40 aniversario de Ciencias do Deporte, que é anfitrioa baixo o lema "40 anos movendo saúde". +info: https://bit.ly/OutSaud26

Campus Industrial de Ferrol reposted

📢 A partir de mañá abre o programa de préstamo de bicicletas da UDC para o curso 2026/2027! 📅Solicitudes do 6 ao 12 de outubro. 🚲Convencionais, pregables ou eléctricas para facilitar unha mobilidade máis sustentable. 🔗Máis info: https://bit.ly/PrBicis26

#CIFaoDía A vicerreitora do Campus de Ferrol, Igualdade e Responsabilidade Social, Ana Ares, visitou, este xoves 1/OUTUBRO, ao alumnado aloxado na Residencia Universitaria do Campus Industrial de Ferrol para darlle a benvida neste novo curso 2026/27 @udc.gal

#CIFaoDía (1/2) O Castro de Esmelle acolle do 28/SETEMBRO ao 9/OUTUBRO unha quinta intervención arqueolóxica, a segunda no que vai de ano. Os traballos darán continuidade á campaña realizada durante o mes de xullo e centraranse no estudo dun edificio localizado na zona de acceso ao castro @udc.gal

#CIFaoDía (2/2) A intervención está impulsada pola Cátedra de Arqueoloxía e Educación Patrimonial, promovida pola UDC xunto co Concello de Ferrol, e conta co apoio económico da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, dependente da Consellaría de Cultura, Lingua e Xuventude @udc.gal

#CIFaoDía Nova Conferencia da Cátedra Jorge Juan Universidade da Coruña + Armada, impartida polo catedrático de Ingeniería Hidráulica y vicerrector Investigación y Transferencia da UDC, Jerónimo Puertas @udc.gal 📅 Xoves 1/OUTUBRO 🕖 Ás 19:00 horas 📍 Sala Carlos III - Exponav

#CIFaoDía (1/2) A 1a promoción do Máster Erasmus Mundus RESCO inicia oficialmente os seus estudos. A Budapest University of Technology and Economics acolleu estes días o 1º encontro presencial entre o estudantado e representantes das universidades académicas que forman parte do consorcio @udc.gal

#CIFaoDía (2/2) No 2º semestre, achegaranse á construción sostible e a eficiencia enerxética na Universidade do Minho, e na UDC, no Campus Industrial de Ferrol, da man do profesorado da Escola Politécnica de Enxeñaría e da Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos @udc.gal