Lérez Up 🩵👺 12-13 SETEMBRO

Lérez Up 🩵👺 12-13 SETEMBRO

@lerezup.bsky.social

👾 Salón do videoxogo e da cultura friki de Pontevedra 🗓️ 12-13 setembro (5ª edición) 📍 Recinto Feiral de Pontevedra 🤝 Organizado por Gaming Troop e Concello de Pontevedra +info ➡️ https://lerezup.es/

30 followers0 following88 posts

📍 Vides de fóra á #LérezUp? Deixámosvos as indicacións para chegar desde as estacións de Pontevedra 🩵 🚶 A pé: aprox. 20–25 min 🚌 Se vides cargad@s, tamén podedes coller a L1 do bus urbano! Calquera dúbida, escribídenos ☺️ 🗓️ 12 e 13 de setembro 📍 Recinto Feiral de Pontevedra

⏰ Últimos días para conseguir a túa entrada á #LérezUp a prezo reducido! 💙 A venda anticipada online pecha o xoves 10 ás 15:00 h 👀 🎟️ 1 día → 7 € 🎟️ 2 días → 10 € Despois, na billeteira: 🎟️ 1 día → 8 € 🎟️ 2 días → 12 € Se aínda non tes a túa, aproveita! 🔥

📖 Xa está lista a Guía para o Visitante da #LérezUp! 💙 Programación completa, actividades, zonas, invitados e toda a información que precisades para preparar a visita 🎮✨ ➡️ Descargádea na nosa web e gardádea para o 12 e 13 de setembro! 📍 Recinto Feiral de Pontevedra

Lérez Up 🩵👺 12-13 SETEMBRO reposted

¡Lérez Up 2026 ya está aquí! La gran cita del videojuego, el cosplay y la cultura ‘geek’ regresa a Pontevedra el 12 y 13 de septiembre Lérez Up 2026 se celebra el 12 y 13 de septiembre en el Recinto Ferial de Pontevedra. Descubre la programación, torneos y compra de entradas en vigogame.

vigogame.com¡Lérez Up 2026 ya está aquí! La gran cita del videojuego, el cosplay y la cultura ‘geek’ regresa a Pontevedra el 12 y 13 de septiembreLérez Up 2026 se celebra el 12 y 13 de septiembre en el Recinto Ferial de Pontevedra. Descubre la programación, torneos y compra de entradas en vigogame.

🍕 Na #LérezUp tamén haberá espazo para facer unha pausa! Teremos Zona de Descanso con mesas, postos de comida e Bubble Tea ☕️🧋 🥪 Podedes traer comida e bebida, pero para comer dentro do recinto deberedes utilizar as mesas desta zona 😊 🗓️ 12 e 13 de setembro

🔎 Pechamos o mes ubicadxs! 🗺️ Así queda o mapa do Recinto Feiral para a 5ª edición da #LérezUp! Bótalle un ollo e localiza todas as zonas e actividades antes de vir 👀 🗓️ 12 e 13 de setembro 📍 Recinto Feiral de Pontevedra

🎤 O escenario da #LérezUp vén cargado de plans! 💙 Charlas, dúas mesas redondas e ata un trivial musical para poñer a proba os teus coñecementos 👾 Cosplay, arte, videoxogos e moito máis! 🗓️ Consulta os horarios e prepara a túa axenda para non perderte nada.

🎤 Adrián Suárez — @UNIRuniversidad (tw e IG) 🎤 Danae Romero — @virtual_seed (IG) 🎤 Mariola Juncal — Asociación Godoteires 🎤 Roberto Alvite — @melgocinema (IG) Catro profesionais compartirán a súa experiencia na industria do videoxogo 💙 🗓️ 12 e 13 de setembro 📍 Recinto Feiral de Pontevedra

Nesta edición contaremos con xogos de breogamestudio, currunchogalego, pregalstudios, quimera_xogos, juegos.realidad.alternativa, juegos_crimenymisterio e elpacto_juego (todos en IG) 🩵 🗓️ 12 e 13 de setembro 📍 Recinto Feiral de Pontevedra 🎟️ Entradas xa á venda

🕹️ A Zona Retro-Arcade contará con 4 máquinas de Nestage Madrid e unha selección de consolas retro. Metal Slug, Guitar Hero, Time Crisis, Tetris e moitos máis 💙 Para quen medrou con estes xogos e para quen está a piques de descubrilos 🥰

🏢 Así quedan as actividades e zonas da 1ª planta da V edición da #LérezUp! Toma nota 🗒️▶️ ⚠️ Para o taller de wordpress.com necesitas portátil. Podes deixalo gratis na nosa consigna durante o evento 😊 📋 Inscricións abertas na web. Só 26 prazas! 🗓 12 e 13 de setembro 📍 Recinto Feiral de Pontevedra

📸 Abrimos a convocatoria de pases de prensa para a V edición da #LérezUp! Se queres cubrir o evento para prensa, RRSS ou calquera medio alternativo, xa podes enviar a túa solicitude 📰 📋 Formulario dispoñible na web. 🗓️ 12 e 13 de setembro 📍 Recinto Feiral de Pontevedra

🎲 Preparade os dados, as cartas e as miniaturas: a Zona de Xogos de Mesa da #LérezUp xa está lista! 🔸 Partidas de rol e xogo libre 🔸 Creadores galegos cos seus novos proxectos 🔸 Pintura de miniaturas 🔸 Torneos e competicións ➡️ Desliza para coñecelas todas.

Tanto se xa sodes habituais como se queredes iniciarvos, haberá actividades para todos 👀 📋 Inscricións xa abertas na nosa web 🙌🏻 Reúne o teu grupo e escolle a próxima partida 🎲 🗓️ 12 e 13 de setembro 📍 Recinto Feiral de Pontevedra

🃏 A #LérezUp tamén se xoga con cartas! Magic: The Gathering, Pokémon e Riftbound chegan á Zona Card Games 🔥 🔸 Torneos 🔸 Xogo libre 🔸 Iniciacións para aprender desde cero Tanto se xa xogas como se é a túa primeira vez, aquí terás o teu sitio 👀⤵️

👀 yell0mk (en IG) trae novidade á #LérezUp 2026! 🎵 Estrea «Adiviña a música do videoxogo», un concurso interactivo para poñer a proba os vosos coñecementos e recoñecer melodías de videoxogos 🎮 🤔 Quen se atreve a poñer a proba a súa memoria musical?

💛 E o domingo, toca o de sempre: concerto de yell0mk na #LérezUp! Volverá ao escenario con remixes inspirados en videoxogos e temas propios que xa nos fixeron bailar noutras edicións ✨ 🗓️ 12 e 13 de setembro 📍 Recinto Feiral de Pontevedra 🎟️ Entradas xa á venda

Falaremos de como comezar, darse a coñecer e dar o salto aos eventos para mostrar e facer medrar o teu traballo ✨ 💙 Catro artistas con experiencias diferentes para falar dos retos e aprendizaxes do camiño. 🗓️ 12 e 13 de setembro 📍 Recinto Feiral de Pontevedra

⏳ Só falta 1 mes para a #LérezUp 2026! 💙 O 12 e 13 de setembro volvemos ao Recinto Feiral de Pontevedra con videoxogos, cosplay, torneos, talleres, K-pop, xogos de mesa, kendo, esgrima, charlas e moito máis 🎮 Xa estades preparados? 👀 🎟️ Entradas xa á venda (prezo reducido!)

🐝 Emprender non ten por que ser unha partida en solitario! Na charla «Non xogues só: O poder da colmea», Wajari falará de como o software libre e WordPress conectan profesionais e negocios con comunidades de todo o mundo 🌍 💪 Porque o superpoder tamén está na comunidade. 🗓️ 12 e 13 de setembro

✨ O 12 de setembro ás 17:00 h chega o Concurso de Cosplay da #LérezUp 🎀 Aberto tanto a cosplayers con experiencia como a quen participa por primeira vez. Valoraranse o deseño dos traxes, a interpretación e a posta en escena. ➡️ Desliza para coñecer as charlas que impartirán.

📋 As bases xa están dispoñibles na nosa web e as inscricións abrirán o 20 de agosto, así que xa podedes comezar a preparar os vosos cosplays! E para valorar todo ese traballo, nesta V edición contamos cun xurado de luxo formado por @hantzie_cosplay, @Manueki_ e @rea.c0s (IG) 💙

‼️ Artistas, artesáns, ilustradores...: queredes vender por internet? ☝🏻 💻 O sábado 12 ás 18:00 h, @anacirujano ensinaravos a crear a vosa tenda online desde cero. Só precisades un ordenador e ganas de aprender 🙌🏻 📋 Inscricións no seguinte post! 🗓️ 12 e 13 de setembro 📍 Recinto Feiral de Pontevedra

🎮 A Zona Fighting Games xa está completa! Super Smash Bros Ultimate, Rivals of Aether II, Tekken 8, Guilty Gear Strive e 2XKO serán os protagonistas dunha fin de semana cargada de combates 🔥 🗓️ Estes son os horarios do sábado e do domingo. Quen subirá ao podio? 🏆

💻 A Zona PCs regresa á #LérezUp da man de PcBox! 💙 Volven os torneos de: 🤖Valorant 🔥 League of Legends ♟️ Teamfight Tactics 👑Fortnite 📋 Inscricións gratuítas o propio día no punto de inscricións. Preparadxs? 🔥

🎮 Xa temos aquí os horarios dos torneos da Zona Consolas! Bota un ollo, escolle os teus favoritos e prepárate para competir 💥 E isto non é todo! 👀 Nos próximos días tamén publicaremos os horarios dos torneos das zonas de PC e Fighting Games 👾

🎮 Xa está lista a Zona Indie da #LérezUp! Descubre os estudos participantes, proba os seus videoxogos e completa o teu Pasaporte Indie para entrar nun sorteo sorpresa 🎁 💙 Un espazo patrocinado por unir.net, apoiando o talento, a creatividade e o futuro do videoxogo independente.

🏎️ Nunca probaches un Mini 4WD? Gunpla Loompa estará na #LérezUp para ensinarche como funciona! Poderás probar un coche na pista, velo correr entre curvas e saltos e, se mercas o teu, axudaranche a montalo para competir nos torneos 🏆 🗓️ 12 e 13 de setembro 📍 Recinto Feiral de Pontevedra

🤺 O Club Escola Hungaresa de Esgrima de Pontevedra súmase á V edición da #LérezUp! Traerán unha exhibición con espada roupeira, espadalonga, espada e daga e, como extra, combates con réplicas de sabres de luz de Star Wars 🙌🏻 🗓️ 12 e 13 de setembro 📍 Recinto Feiral de Pontevedra

🎭📢 @ COSPLAYERS ✨ O sábado 12 de setembro ás 17:00 h chega o Concurso de Cosplay da #LérezUp! 📋 Bases na web. As inscricións abriránse o 20 de agosto. Ide preparando o dossier e os vosos cosplays 🎀 🙌🏻🎇 Este ano a marca Green Stuff World súmase ao concurso con packs de produtos para os premios!

👀🔥 Atención! Ocionautas presentan "O Mando Único", un sistema narrativo vivo que converterá toda a #LérezUp nunha experiencia interactiva compartida 🙌🏻 12 e 13 de setembro 📍 Recinto Feiral de Pontevedra 🎟️ Entradas xa á venda. PREZO REDUCIDO.

Mapa de stands para a V edición da Lérez Up 🩵 Esta é a disposición dos 64 postos repartidos entre artistas e comerciais 🥰 vémonos en dous mesesiños 😍 🗓️ 12 e 13 de setembro 📍 Recinto Feiral de Pontevedra 🎟️ Entradas xa á venda (prezo reducido!)