Ana Pontón

Ana Pontón

@anaponton.gal

Nai de Icía 🗣️ Portavoz Nacional do BNG 🩵 Amor e confianza en Galiza. En Telegram ➡️ http://t.me/PontonBng

2.5K followers11 following444 posts

Hoxe envío todo o meu agarimo ás máis de 35 mil persoas con dano cerebral adquirido en Galiza e ás súas familias. Únome a esta campaña para visibilizar unha realidade pouco coñecida e reivindicar que se garantan a atención e os recursos que precisan e merecen. #DíaDanoCerebral

Hoxe aprobamos no Consello Nacional as candidaturas ás eleccións xerais que están lideradas por Néstor Rego, Carme da Silva, Noa Presas e Olalla Rodil. O próximo 29N, imos a por todas. Para defender Galiza con máis forza e para defender máis dereitos para as maiorías sociais.

Ordes necesita abrir un tempo novo e, desde o BNG, temos o candidato e o proxecto para facelo posible. Imos a por todas con Pablo Vidal!

O goberno máis progresista da historia manda cargar contra miles de galegos e galegas que pacificamente se manifestan en contra do fascismo. En Galiza, non pasarán. Imaxes: La Opinión, El País, Óscar Corral

Rueda goberna para os 𝘫𝘦𝘵𝘢𝘴 mentres os 𝘤𝘶𝘳𝘳𝘢𝘯𝘵𝘦𝘴 deste País fan malabarismos para chegar a fin de mes.

Na presentación de Eloi Cabanas e Xabier Novo como cabezas de lista ás eleccións municipais do 23M de 2027 en Mondoñedo e Vilalba. Imos a por todas, con ilusión, forza e ambición!

Luís Pérez volverá ser alcalde de Ribeira con máis forza, ilusión e ambición ca nunca. Saímos a por todas, cun proxecto claro e centrado na xente, porque Ribeira merece máis!

Estou convencida de que Emilio Sánchez será o próximo alcalde de Monforte, cun proxecto ambicioso que transformará o concello en positivo. Nas próximas eleccións municipais, imos a por todas!

Queremos un Brión con máis oportunidades, do que todos os veciños e veciñas se sintan orgullosos. Un Brión con futuro, con Xosé Penas como alcalde!

Este 29N, tes no BNG a alternativa para defender a túa vida e para defender Galiza. 𝙀𝙣𝙩𝙧𝙚𝙫𝙞𝙨𝙩𝙖 𝙣𝙖 𝙏𝙑𝙂

Pero que dano lle están facendo á praza (do Obradoiro)? O BNG apoia as acampadas e a folga xeral do 11N a favor do dereito á vivenda, porque a vida da xente é o primeiro. 𝙀𝙣𝙩𝙧𝙚𝙫𝙞𝙨𝙩𝙖 𝙣𝙖 𝙏𝙑𝙂

O 29N, imos a por todas! 🩵 Por unha Galiza con voz propia, que defenda os vosos dereitos e traballe para seguir mellorando a vida dos galegos e galegas.

Hoxe, no Consello Nacional, co que arrancamos o proceso cara as eleccións xerais, ás que o BNG concorre con toda a ilusión, porque somos a garantía de máis Galiza e máis xustiza social, e de que Feijóo siga no "banquillo da oposición" o 29-N.

Na homenaxe a Evencio, quen foi alcalde de Carballo durante 22 anos e todo un exemplo de que hai outra forma de facer política. Grazas por tanto, Evencio 👏

Dous datos sobre a 𝘀𝗮𝘂́𝗱𝗲 𝗺𝗲𝗻𝘁𝗮𝗹 en Galiza que se entenden mellor xuntos.

Beiras deixa unha gran pegada en varias xeracións de galegos e galegas, entre as que me inclúo. Foi para min un referente de coraxe, compromiso e amor por Galiza. Ten un lugar para sempre no corazón e na historia do Pobo galego.  Fonda aperta a Ricardo, Daniel e a toda a familia.

Fronte ao pacto antigalego PP-PSOE que mantén o decreto da vergoña, síntome máis orgullosa que nunca de seguir do lado da nosa lingua e de todas as persoas que a queren e a defenden 🩵

🔑 As chaves, símbolo dun dereito que che roubou un goberno do PP que, en 17 anos, dinamitou a política social de vivenda.

Coas candidatas do BNG á alcaldía de Cabana, Laxe, Ponteceso e A Laracha. Catro mulleres e toda a ilusión para transformar 𝗕𝗲𝗿𝗴𝗮𝗻𝘁𝗶𝗻̃𝗼𝘀 e mellorar a vida da súa veciñanza.

O 𝙙𝙧𝙚𝙖𝙢 𝙩𝙚𝙖𝙢 para levar o modelo municipal de éxito do BNG a máis cidades galegas. Imos a por todas!

Miles de galegxs encheron as rúas en defensa de todas as Maricarmen, porque a vida das persoas está por riba dos que especulan coa vivenda. Fronte ao PP dos áticos millonarios, o que boicotea as zonas tensionadas, imos seguir loitando polo dereito a unha vivenda digna.

A 𝘃𝗶𝘃𝗲𝗻𝗱𝗮 en Galiza: co que antes alugabas un piso, agora tes unha habitación con dereito a cociña.

Quero darlle as grazas ás candidaturas da comarca de Muros-Noia para as vindeiras municipais por dicirlle á xente que hai un proxecto, o do BNG, que, fronte á política do medo, tira para adiante e que está con máis ganas que nunca de transformar este País desde os concellos.

Mónica Valencia é a alcaldesa que 𝗕𝗮𝗿𝗯𝗮𝗱𝗮́𝘀 merece para abrir un tempo novo no concello e mellorar a vida da veciñanza. Imos a por todas nas eleccións municipais de 2027!

Hoxe analizamos no Consello Nacional a nosa folla de ruta cara ás eleccións municipais, que encaramos co obxectivo de conseguir máis alcaldías e máis concelleiros e concelleiras e para as que xa temos elixidas as persoas que encabezan as candidaturas en 94 concellos.

Acompáñame a unha reunión coa Comisión Executiva do Consello da Cultura Galega, na que puxemos sobre a mesa algunhas cuestións que nos preocupan especialmente, como a emerxencia lingüística ou os datos do último informe PISA.