Post

Este é un Mayday, unha chamada existencial, para que fagas posíbel que continúe e anove a navegación da revista Luzes. “Queremos ser refuxio para lectores e xornalistas”, dicía o manifesto do primeiro número de Luzes en decembro de 2013. 13 anos capeando moitos temporais,

creando ese refuxio e lugar emancipado e demostrando que esoutro xornalismo alternativo é posíbel. Luzes non ten un grupo empresarial detrás. O seu “capital” é a xente colaboradora, subscritora e lectora. Este é un Mayday para poder seguir adiante en tempos de moita adversidade.

As achegas á Fundación teñen unha desgravación entre o 75% (achegas ata 150 €) e o 35%. Por exemplo, unha doazón de 150 € desgravará 112,50 € (o que para Luzes supón os 150 € e para ti un custe real de 37,50). Unha 1000 € desgrava 367,50€, 112,50€ polos primeiros 150€ e 255€ polos restantes 850€.

A conta na que habería que facer o ingreso das doazóns a nome da Fundación Luzes é a ES38 2100 4773 3802 0019 2421, indicando o teu o nome e documento de identidade para facilitar a final de ano o certificado fiscal correspondente. Grazas por ler esta chamada de Mayday. Saúde e avante!